Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18471

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de información pública sobre a instalación dunha turbina minieólica.

Vego Supermercados, S.A.U., con CIF A36652313, solicitou neste concello unha licenza para a instalación dunha turbina minieólica de 10 kW para a produción de enerxía eléctrica conexionada á rede interior na parcela 59 do parque empresarial de Sigüeiro, que formula Vego Supermercados, S.A.U., tramítase o expediente da licenza da dita actividade.

En cumprimento do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, ábrese período de información pública polo prazo de vinte días desde a inserción deste anuncio no DOG e no BOP, para que, quen se vexa afectado dalgún xeito pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio comunícaselles aos interesados aos cales non sexa posible notificar persoalmente, que están notificados para todos os efectos, significándolles que teñen un prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ao da notificación para alegaren o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información atópase depositado nas dependencias deste concello (UR-025/2013) e pódese consultar nela durante o horario de oficina.

Oroso, 22 de abril de 2013

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde presidente