Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18472

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública (LAP/113/2013).

Comercial Manuel Lata, S.L. solicitou licenza de apertura de nave industrial para almacenamento e distribución de compoñentes industriais en Vía Galileo (De) 2-3, Santiago de Compostela (A Coruña). De conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/113/2013 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013

P.D. (Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela do 28.2.2013)
María Pardo Valdés
Concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible