Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18470

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre taller de carpintaría metálica (expediente 534/12).

Todometal Lugo, C.B. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun taller de carpintaría metálica na rúa das Leiteiras, parque empresarial IN-F, rueiro H, parcela 17.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto– poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 30 de xaneiro de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo