Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18048

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1234/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1234/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Tato Fernández contra a empresa Galeserga Global Services, S.L., Hervas Arjona Servicios, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por José Tato Fernández contra Galeserga Golobal Services, S.L. e contra Hervás Arjona Servicios, S.L., debo condenar e condeno solidariamente as demandadas a aboarlle ao demandante a suma de tres mil oitocentos cincuenta e oito euros (3.858 €), máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade; e, estimando a excepción de prescrición alegada polo Fogasa, declárase limitada a súa eventual responsabilidade subsidiaria, no caso de se cumpriren os requisitos do artigo 33 do ET, ás sumas reclamadas en concepto de salario do 30 de setembro de 2009, dous días de salario do mes de outubro de 2009 e parte proporcional das vacacións do ano 2009.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hervas Arjona Servicios, S.L., en paradoiro descoñecido, insiro o presente edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013

A secretaria xudicial