Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 17940

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2013 pola que se acorda a concesión de felicitacións públicas.

O artigo 89 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación das policías locais de Galicia, establece a posibilidade de premiar ou distinguir publicamente, ademais do persoal dos corpos de policía local, a todas aquelas persoas ou entidades públicas que destaquen pola súa conduta a prol das policías locais e das súas competencias.

O artigo 90 do citado decreto, determina no seu punto cuarto que as felicitacións públicas concederanse a persoas alleas aos corpos de policías locais ou entidades públicas ou privadas que destaquen na promoción e apoio á función da policía local.

O artigo 94, no seu punto primeiro, recolle que as felicitacións públicas se concederán de forma discrecional mediante resolución do titular da unidade directiva competente en materia de coordinación de policías locais, a persoas alleas aos corpos de policías locais, ou a entidades públicas ou privadas que desde a súa actividade profesional ou docente destaquen no estudo, promoción, dignificación, colaboración e apoio á función da policía local.

De acordo co anterior, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, como unidade directiva competente en materia de coordinación, procedeu ao estudo das correspondentes propostas, co informe e avaliación favorables da Comisión de Coordinación de Policías Locais de Galicia, na súa reunión do 14 de maio de 2013,

RESOLVE:

Primeiro. Distinguir a Rubén Costoya Broz e a José Manuel Zas Cabarcos cunha felicitación pública, pola súa actividade docente en prol da colaboración e apoio ás funcións e á formación do persoal dos corpos de policía local de Galicia.

Segundo. Comuníqueselles aos interesados, así como á Academia Galega de Seguridade Pública.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior