Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 17934

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2013 pola que se acorda outorgar o distintivo de permanencia ao persoal dos distintos corpos de policía local dos concellos de Galicia.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que o persoal dos corpos de policía local de Galicia pode ser distinguido ou recompensado de acordo co que se determine regulamentariamente.

Deste xeito o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, de desenvolvemento de devandita lei, determina no seu artigo 89 as modalidades de distincións; na alínea c) figura o distintivo de permanencia, a que se refire tamén o número 3 do artigo 90, cando expresa que este distintivo se entregará aos policías locais, calquera que sexa a súa categoría, cando se cumpran os requisitos de permanencia e de traxectoria profesional exixidos para a súa concesión.

O mesmo Decreto 243/2008, no seu artigo 93.1º, establece que o distintivo de permanencia se entregará anualmente, mediante resolución da persoa titular da unidade directiva competente en materia de coordinación de policías locais, aos policías locais cando cumpran 25 anos de servizos efectivos no corpo, calquera que sexa a súa categoría, sempre que non consten antecedentes desfavorables no seu expediente persoal ou pendentes de cancelar, cuestións que deberán acreditar os concellos que corresponda.

De acordo co previsto no artigo 93.1º antes citado, do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar como anexo a listaxe de persoas ás cales se lles entregará o distintivo de permanencia, por ter cumpridos, en 31 de decembro de 2012, 25 anos de servizo nos corpos de policía local, segundo as certificacións dos respectivos concellos de pertenza, tanto respecto do tempo de servizos como do resto de requisitos.

Segundo. Comunicar esta listaxe do anexo aos respectivos concellos e publicala tamén para os efectos da súa consulta na páxina web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Terceiro. As persoas que non figuren na listaxe do anexo e cumpran cos requisitos para esta distinción deberán solicitar a súa inclusión a través dos respectivos concellos, que remitirán as preceptivas certificacións de cumprimento dos requisitos a esta unidade directiva para a resolución correspondente.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO
Listaxe do persoal dos corpos de policía local dos concellos de Galicia,
ao cal se lle outorga o distintivo de permanencia
(Listaxe alfabética, clasificada por provincias e concellos)

• Provincia A Coruña

Concello A Coruña

Juan Manuel Fernández Rodríguez

Juan Naya Iglesias

Concello A Laracha

José Antonio Arcas Fuentes

Concello Boiro

José Manuel Blanco González

José Francisco Gestoso Rivadulla

José Manuel Sánchez Somoza

Concello Carballo

Antonio Santiago Periscal Otero

Concello Malpica de Bergantiños

Ernesto Eliseo Mancebo Martínez

Concello Neda

José Ramón Seijo Martínez

Concello Oleiros

Manuel Gómez Castro

José Lino López Rodríguez

Marcos Neira Vázquez

José Manuel Regueira Iglesias

Concello Ordes

Jesús Manuel Iglesias Vilariño

• Provincia Lugo

Concello Lugo

Jesús Candal Rivas

Juan Carlos Fernández Vecín

Eulogio José Gay Castro

Javier López Rodríguez

José Javier Pereira Núñez

José Luis Piñeiro Santos

Jesús Roibas Candal

Alfonso Salgado Durruti

Eduardo José Salvador Castañer

Benigno Val Rábade

José María Vázquez Rivas

Concello Ribadeo

Dositeo Carreira López

• Provincia Ourense

Concello O Carballiño

Alberto Santiago Fernández Rodríguez

Concello Ourense

Julio Álvarez Rodríguez

José Antonio Ares Fernández

Argimiro Feijóo Fernández

Manuel Morenza López

José Antonio Nieto Domínguez

Enrique Pérez Hernández

Baldomero Rubio Touza

Manuel Salgado Pérez

Álvaro Abelardo Ulloa Pardo

Concello Xinzo de Limia

Antonio Gómez Vilariño

Simplicio González González

Hipólito Paz Portela

• Provincia Pontevedra

Concello Bueu

Andrés González Boullosa

Julio Miranda Novas

Concello Moaña

Javier Cruz Pena

Concello Mos

Gerardo José Álvarez Reguero

Esteban Gago Barreiro

Concello Nigrán

José Manuel Vázquez Varela

Concello O Porriño

Mariano Centeno Rodríguez

Fernando Cruces González

Eugenio Feijóo González

Severino Pino Groba

José Antonio Portela Otero

Concello Sanxenxo

Manuel Ferreiro Expósito

Concello Tui

Esteban Álvarez González

Manuel Arca Caeiro

Luis José Pereira Martínez

Concello Vigo

Manuel Aguado Taboada

Xoán Pablo Alonso Rodríguez

Santiago Antonio Arenas Villarroel

Enrique Campos Iglesias

Alberto Carballo Acuña

Miguel Ángel Cardoso Regueiro

Álvaro Castiñeiras Cortiñas

Ramón Cousiño Sendín

Miguel Ángel De Dios Costas

Elena Fernández Bouza

Roberto Fernández Iglesias

José Garrido Rodríguez

Juan Antonio Gil Gregorio

Josefa Gómez Salgado

Antonio Juste Iglesias

Concello Vigo

Manuel Loira Sotelo

Juan Carlos López Burgo

Juan Miguel Magallanes Olmigos

Santiago Martínez Dafonte

José Carlos Montemuiño Santos

Ricardo Santos Parga Blanco

Fernando Pereiro Simón

Carlos Martín Pérez Carrera

Miguel A. Pérez Organero

José Antonio Pérez Regueira

Ramón Pérez Rodríguez

José Rodríguez Rodríguez

Miguel Vázquez Álvarez

Manuel Antonio Vázquez Martínez

Modesto Veloso Pérez

Emilio Vigo Quirós

Enrique Villar Sánchez

Concello Vilagarcía de Arousa

Miguel Conde Berdullas

Benito Conde Santorum

José Luis Leis Diz

Herminio José Miguéns Chazo

Antonio Javier Porras Gómez

José Avelino Santos Oubiña