Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a aprobación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Val de Camba (Rodeiro) a varios propietarios.

De conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Notificarlles aos propietarios cuxo domicilio é descoñecido ou, unha vez intentada a notificación, esta non se puido efectuar, a aprobación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Val de Camba (Rodeiro, Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 207/2008, do 4 de setembro (DOG núm. 181, do 16 de setembro).

Primeiro. A Xunta Local da Zona de Val de Camba, na súa reunión do día 26 de xuño de 2012, aprobou as bases definitivas da dita zona, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado das alegacións presentadas.

Segundo. As mencionadas bases definitivas estarán expostas ao público na Casa do Concello de Rodeiro (Rodeiro, Pontevedra) e nos lugares de costume da zona durante o período de interposición de recursos, de conformidade co que determina a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Terceiro. As persoas interesadas poderán interpoñer, por si mesmas ou por representación, recurso de alzada contra estas bases ante o conselleiro do Medio Rural e do Mar, dentro do prazo de trinta días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Os recursos poderanse presentar no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar en Pontevedra, sito na rúa Fernández Ladreda, 43; no Rexistro Xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar, sito no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 2 de maio de 2013

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº propietario

Nome

314

José Guerra Fernández

330

Eligio Luis Hermida García

370

Julio Vence Jorge

370

Miguel Vence Jorge

392

Adelaida Lamazares Díaz

392

Julio Lamazares Díaz

625

Julio Vence Jorge

625

Miguel Vence Jorge

651

Elvira Fernández Valladares

687

Elvira Valladares Fernández