Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente na subscrición dunha póliza de seguro que cubra os riscos das embarcacións da Consellería do Medio Rural e do Mar (expediente 10/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: privado, de servizos.

b) Descrición do obxecto: subscrición dunha póliza de seguro que cubra os riscos das embarcacións da Consellería do Medio Rural e do Mar.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18521

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 55, do 19 de marzo de 2013.

e) División por lotes e número: non leva.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 40.000 euros (exento IVE).

Valor estimado incluídas posibles prórrogas: 160.000 euros.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución da adxudicación: 25 de abril de 2013.

b) Adxudicataria: Helvetia Compañía Suiza, S.A. de Seguros y Reaseguros.

c) Importe: 27.051,74 euros (exento IVE).

d) Data de formalización do contrato: 30.4.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar