Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión do expediente sancionador na orde social (RL 2009/0171-4).

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada mediante fax na Sección de Sancións, do Servizo de Traballo e Economía Social, a comunicación da firmeza da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Expediente: RL 2009/0171-4.

Acta nº: I362009000022293.

Empresa: Renova Servicios Empresariales, S.L.

NIF: B-36876100.

Enderezo: r/ San Francisco, 35, 1º A, Vigo.

Vigo, 23 de abril de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo