Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2012/587-1 e RL 2013/2-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula, e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Faiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente: RL 2012/587-1.

Acta inf.: I152012000152941.

Empresa: Restauración Bocata Exprés, S.L.

NIF: B70197371.

Enderezo: centro comercial Dolce Vita; rúa Newton, local P23, número 15, 15008 A Coruña.

Materia: traballo (modalidade contractual en fraude de lei).

Normativa infrinxida: artigo 15.1.b) do Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigos 5 e 7.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 17.1.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Restauración Bocata Exprés, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente: RL 2013/2-1.

Acta inf.: I152012000152032.

Empresa: Alisam Coruña, S.L.

NIF: B70303110.

Enderezo: rúa Federico Tapia, 10, baixo, 15005 A Coruña.

Materia: traballo (falta de aboamento en tempo e forma do salario e da correspondente liquidación).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f), 29.1 e 49.2 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigos 5.1 e 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.1 e 40.1.b) do dito texto legal.

Data da resolución: 14.2.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Alisam Coruña, S.L. unha sanción por importe de setecentos euros (700 €).

A Coruña, 25 de abril de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña