Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17887

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barreiros

ANUNCIO de información pública para a apertura dun establecemento para a venda de pneumáticos.

Adolfo Ferreiro García solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura de local para a venda de pneumáticos e outros servizos do automóbil, que se situará na parcela 8, polígono industrial de Barreiros. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Barreiros, 29 de abril de 2013

José Alfonso Fuente Parga
Alcalde