Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 13 de maio de 2013 pola que se notifica requirimento do 30 de abril de 2013 de retirada de vehículo con matrícula LU-4163-N abandonado no dominio público portuario do porto de Viveiro.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Viveiro, a Sergio Ariel Calderón, con DNI X8297188F, propietario do vehículo Ford Fiesta, 1.3, con matrícula LU-4163-N e número de bastidor VS6AXXWPFAMU41350, o seguinte requirimento:

Segundo acta do policía portuario do porto de Viveiro con NIP 367030, efectuada ás 14.44 horas do día 20 de febreiro de 2013, acta á cal se xuntan fotografías, na zona do porto de Viveiro situada detrás da estación de autobuses atópanse dous vehículos en estado de abandono.

Un deses vehículos é un Ford Fiesta 1.3, de cor branca, con matrícula LU-4163-N e bastidor VS6AXXWPFAMU41350, do cal, de acordo cos datos que facilita a Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo, é titular na actualidade Sergio Ariel Calderón, con DNI X8297188F e domicilio no Pedregal, 24, 1º A, Covas, Viveiro, vehículo que leva estacionado máis dun mes nese lugar con graves danos tal e como se aprecia nas fotografías anexas á acta.

Considerando o exposto, e xa que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 86.1 do Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, que aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírese o titular para que nun prazo máximo dun mes contados desde a súa notificación proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto de Viveiro.

No caso de incumprirse este requirimento, Portos de Galicia, sen máis trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo, e procederá en consecuencia ao seu traslado a centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Para o seu exame, o expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central; praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2013

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia