Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17888

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública sobre ampliación dunha explotación de porcino (proxecto modificado).

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días a seguinte actividade:

Expediente: 36/2012.

Actividade: ampliación dunha explotación de porcino (proxecto modificado).

Situación: Porto da Rama (Bértoa), Carballo.

Solicitante: Manuel Pedreira Ínsua.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición pública no taboleiro de anuncios do concello.

A apertura do trámite de información pública notificaráselles persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da instalación proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

Carballo, 23 de abril de 2013

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde