Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17892

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de aprobación incial do PERI A-04-1 Barrio do Cura (expediente 12403/411).

A Xunta de Goberno local do Concello de Vigo, na sesión extraordinaria e urxente do día 19 de abril de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior Barrio do Cura, consonte a documentación elaborada polo arquitecto Alfonso Penela Fernández con data 4 de abril de 2013 e demais documentos anexos.

Segundo. Ordenar a apertura dun período de información pública durante o prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous dos diarios de maior difusión da provincia, e notificárllelo de forma individual e simultánea aos propietarios dos terreos afectados.

Terceiro. Publicar o acordo de aprobación inicial e apertura do período de información pública na páxina da internet municipal.

Cuarto. Solicitar informe sectorial da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia».

Durante o período de exposición pública, o expediente atoparase á disposición do público en xeral na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (situado na planta baixa do edificio da Xerencia Municipal de Urbanismo, praza do Rei, s/n), de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

Vigo, 26 de abril de 2013

(Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo