Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17890

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación de servizos sanitario-asistenciais para persoas con problemas derivados do consumo de drogas.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cedro. Número de expediente: 1850-315.

2. Obxecto do contrato. Descrición: prestación dos servizos sanitarios asistenciais de apoio ao centro municipal de drogodependencias Cedro, que inclúe a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) e a Unidade de Día (UD).

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: dous anos máis dúas prórrogas dun ano cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 1.347.827,62 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo N, subgrupo 1, categoría D.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e conómica. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións.

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 10 de maio de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación