Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17893

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación, por procedemento aberto, da instalación e explotación de servizos de tempada nas praias.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Medio Ambiente. Número de expediente 9178-306.

2. Obxecto do contrato. Descrición: instalación e explotación de servizos de tempada nas praias do Concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: tempada estival do ano 2013 (entre o 1 de xuño e o 30 de setembro).

Lotes: sí: 11. L.1: Areal da Punta (A Guía); L.2: Areal de Santa Baia (Alcabre); L.3: Areal do Tombo do Gato; L.4: Areal do Tombo do Gato; L.5: Areal de Argazada; L.6: Areal de Samil; L.7: Areal de Samil; L.8: Areal de Samil; L.9: Areal do Vao; L.10: Areal do Vao; L.11: Areal da Etea-Ríos.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

4. Canon que se aboará ao Concello. Lote 1: 943,6 euros; lote 2: 550 euros; lotes 3, 4, 5, 6, 7 e 8: 943,6 euros; lotes 9, 10 e 11: 1.599,6 euros.

5. Garantías provisionais: si: 600 euros para cada un dos lotes.

6. Obtención da documentación e información: páxina web do Concello www.vigo.org, perfil de contratante, teléfono 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 8 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 5 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas. Entidade, domicilio e localidade: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: a data e hora de apertura de ofertas económicas anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 15 de maio de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación