Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17895

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación da subministración de combustible.

No perfil de contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de combustible para o parque móbil e de maquinaria da Deputación de Ourense na zona de influencia da nave de maquinaria da Deputación no polígono de San Cibrao das Viñas, cun gasto máximo autorizado para o ano 2013 de 229.900,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente a aqueles que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84, ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 6 de maio de 2013

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense