Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de maio de 2013 de notificación de denegación de período de proba IU3/98/2012, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase a denegación do período de proba do expediente IU3/98/2012, en relación coas obras de construción dunha vivenda unifamiliar no camiño de Pito, s/n, no termo municipal de Boborás, provincia de Ourense.

O expediente citado encóntrase á disposición de María Josefa Pérez Lorenzo e Manuel Limia Vázquez na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística