Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 3 de maio de 2013 polo que se notifica o inicio do procedemento de reintegro do proxecto L11-41300-06-0015.

Despois de intentar notificarlle a Atlántica de Negocios, S.L. no enderezo que consta no expediente (rúa Benigno Quiroga, 34, baixo, A Pobra de San Xiao, 27360 Láncara, Lugo) a Resolución do director xeral da Agader do 15 de abril de 2013 pola que se inicia o procedemento de reintegro do expediente L11-41300-06-0015, e sendo devolta polo servizo postal de Correos, publícase este anuncio para cumprir o establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

En consecuencia, notifícaselle que, de conformidade coa resolución citada, iníciase o procedemento para que Atlántica de Negocios, S.L. reintegre a cantidade que percibiu indebidamente para o proxecto L11-41300-06-0015 por importe de 37.674 euros.

Así mesmo, notifícaselle que o interesado dispón de 15 días hábiles, contados desde o seguinte a aquel en que se publique este anuncio no DOG, para presentar as alegacións ou documentos que considere oportunos e que a resolución citada se atopa á súa disposición na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader (A Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural