Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 2 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a diversos interesados a aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Castelaus (Calvos de Randín).

De conformidade co disposto no artigos 59.2º e 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas da relación adxunta que a Xunta Local da Zona acordou, o día 19 de febreiro de de 2013, a aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Castelaus (Calvos de Randín-Ourense), que están expostas ao público no Concello de Calvos de Randín e nos lugares de costume, de conformidade co disposto nos artigos 36 e 40 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Nas referidas bases figura o correspondente boletín individual da propiedade.

Para o caso de que se formulasen alegacións en relación coas bases provisorias, o resultado destas será o que se recolle no boletín.

Contra o devandito acordo, aprobatorio das bases definitivas, que non é definitivo na vía administrativa, os interesados da relación adxunta poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 2 de maio de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº propietario

Nome

83

Gutiérrez Carrocera, Ovidio

93

Cocina González, Manuel

169

Galante Cocina, Manuel

209

González del Cueto, María del Carmen

420

Vázquez García, María de los Ángeles