Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2012/108-2, 8077 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Prolusar, S.L.

Domicilio social: Diego Pazos, 9, 5º, 27600 Sarria, Lugo.

Denominación: LMTS, novo CT Descanso e enlace RBT para edificio Camiño de Pardiñas, 2.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas:

– LMTS con orixe nun paso aéreo a soterrado e final no CT Descanso proxectado, cunha lonxitude de 40 metros de condutor tipo RHZ1-240.

– CT Descanso, prefabricado tipo pé de poste, cunha potencia proxectada de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– RBTA con orixe no CT Descanso e final na RBT existente, cunha lonxitude de 120 metros en condutor RZ-3×150/80 AI.

– Desmontaxe do CTI Descanso existente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 23 de abril de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo