Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Mesía (expediente IN407A 2013/15).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: r/ José Ángel Valente, nº 17, local 62, Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CTC, RBTS. Igrexa-Mesía (San Cristovo-Mesía).

Situación: Mesía.

Características técnicas:

Pasos aero-subterráneos MT.

Tensión nominal: 20 kV.

Tensión de servizo: 15 kV.

Tipo: pasos aero-subterráneos que se realizarán no apoio s/n existente de tipo HV-13/1.000 da LMT Visantoña-Lanza (expediente 7.483), mesmo apoio de onde parte a derivada ao CT Igrexa-Mesía (expediente 2.001/264) que se retirará (UTM: 559.315; 4.774.106).

LMT subterránea ao novo CT Igrexa Mesía.

Inicio liña (UTM): paso aero-subterráneo que se realizará no apoio s/n existente de tipo HV-13/1.000 da LMT Visantoña-Lanza (expediente 7.483), mesmo apoio de onde parte a derivada ao CT Igrexa-Mesía (expediente 2.001/264) que se retirará (UTM: 559.315; 4.774.106).

Final liña (UTM): paso aero-subterráneo que se realizará no apoio s/n existente de tipo HV-13/1.000 da LMT Visantoña-Lanza (expediente 7.483), mesmo apoio de onde parte a derivada ao CT Igrexa-Mesía (expediente 2.001/264) que se retirará (UTM: 559.315; 4.774.106), despois de realizar entrada e saída no novo CT Igrexa-Mesía proxectado.

Lonxitude: 388 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al).

Tensión nominal: 20 kV.

Tensión de servizo: 15 kV.

Novo CT Igrexa-Mesía.

Tipo: edificio prefabricado de formigón.

Illamento: aceite mineral.

Potencia: 250 kVA.

Relación de transformación: 15/0,4 kV.

Protección contra sobretensións: termómetro de contactos.

Protección contra sobreintensidades: fusibles de 15 a.

Saídas RBT subterráneas ao novo CT Igrexa-Mesía.

Orixen: novo CT Igrexa-Mesía proxectado.

Lonxitude: 609 metros.

Condutores: XZ1-0,6/1 kV-4 (1×240 Al).

Nº circuítos: 4.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña