Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2013/68-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Cespa, S.A.

Domicilio social: avenida Catedral, 6-8, 08002 Barcelona.

Denominación: LMT, CS e CT de 1.000 kVA planta xestión residuos sólidos.

Situación: pol. in. do Acevedo, s/n, Cerceda.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea con inicio en centro de seccionamento propiedade da compañía distribuidora UDESA, situado nunha nave colindante, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×20 mm2), AL, lonxitude 40 m, con final en centro de seccionamento proxectado con cela de entrada, de saída e de seccionamento (24 kV, 630 A, 16 kA). Centro de transformación anexo ao CS, con celas de liña, de protección e de medida (24 kV, 400 A, 16 kA) e transformador 20/0,42 kV, illamento seco clase F, refrixeración natural, 1.000 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 6 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña