Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza do centro educativo CPI José García García do concello de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Subdirección Xeral de Centros. Servizo de Centros.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 39, do 25 de febreiro de 2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza das instalacións educativas do CPI José García García do concello de Ourense, expediente ED-01/2013-DXCRH.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

CPI José García García: 127.303,11 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24 abril de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 30 de abril de 2013.

c) Contratista: Limpiezas, Ajardinamientos y Servicios Seralia, S.A.

d) Importe de adxudicación: 113.520,00 euros, IVE excluído.

Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2013

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria