Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Pontenova (expediente IN407A 2013/8-2, 8091 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma CT 12958 Vides.

Situación: concello da Pontenova.

Características técnicas:

– Demolición da caseta que alberga o actual CTC V12958 Vides.

– LMTA a 20 kV con orixe nun apoio de celosía existente na LMT Pontenova e final no CTI proxectado, cunha lonxitude de 98 metros en condutor LA-56.

– CTI Vides, cunha potencia proxectada de 160 kVAS, unha potencia inicial de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Adecuación das RBT do CTI 12958 Vides.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 23 de abril de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo