Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2013 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria para a contratación do servizo de cafetaría comedor da Facultade de Filoloxía e Tradución e da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo (expediente 1AE/13).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Domicilio: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 35 56.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: xscont@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 1AE/13.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: servizo de cafetaría-comedor da Facultade de Filoloxía e Tradución e da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: non procede.

d) Lugar de execución: Campus As Lagoas-Marcosende Vigo.

1) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, s/n.

2) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de execución: 1 ano.

f) Admisión de prórroga: si.

g) C.P.A. (74.90.2).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 15 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: non procede.

5. Orzamento base de licitación: non procede.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 6.000 €.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican nos puntos 10 e 11 da folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 12 da folla resumo de características do prego.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: en papel, 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia. Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Enderezo. Edificio de Xerencia, Servizos Centrais, baixo, As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36210.

4. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: en sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas do edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente 1.200 euros.

Vigo, 9 de maio de 2013

P.D. (Resolución 30.4.2013; DOG do 3 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo