Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 3 de maio de 2013, da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes de arbitraxe 15R001/1704/2012 e 15R001/993/2012.

De conformidade co disposto no artigo 50 do Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o Sistema arbitral de consumo, no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, sede da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5, baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2013

José Mª Pita Ponte
Secretario da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia

ANEXO

Expediente: 15R001/1704/2012.

Interesada: Instalaciones Revigas, S.L.

CIF: B-84237114.

Acto notificado: laudo arbitral do 20 de febreiro de 2013.

Expediente: 15R001/993/2012.

Interesada: Galicia Móviles y Sistemas, S.L.

CIF: B-15504053.

Acto notificado: laudo arbitral do 8 de marzo de 2013.