Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2013 para a corrección de erros da Resolución do 10 de abril de 2013 pola que se anuncia a licitación para a contratación, por procedemento aberto, do servizo de limpeza do edificio da EGAP.

O 8 de maio de 2013 publicouse no DOG nº 88 unha resolución da Escola Galega de Administración Pública pola que se anunciaba a contratación do servizo de limpeza do edificio da EGAP.

Observado un erro no prego de prescricións técnicas, concretamente no cadro de persoal que presta servizo na actualidade, acórdase modificar as prescricións técnicas engadindo unha limpadora.

Así mesmo, acordouse outorgar un novo prazo para a presentación de propostas, que comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao seguinte día hábil.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2013

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública