Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17329

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dozón

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación avícola en Barrio (O Sisto).

Ganadería Presas y Riveiro, S.C. solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a ampliación de explotación avícola que se situará en Barrio (O Sisto). En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Dozón, 24 de abril de 2013

Adolfo Campos Panadeiros
Alcalde