Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17330

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO de información pública sobre construción de silos forraxeiros en Borreiques (Santa Cruz da Retorta).

José Luis Pajón López solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de cinco silos forraxeiros que se situará en Borreiques (Santa Cruz da Retorta). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Guntín, 9 de maio de 2013

Jesús Carreira Ferreiro
Alcalde