Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17331

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de apertura do prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo para a provisión dunha praza de funcionario.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 110, do 8 de xuño de 2012, publicáronse integramente as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de auxiliar, grupo C, subgrupo C2, con carácter de funcionario de carreira.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos no BOP de Pontevedra así como no taboleiro de anuncios deste concello.

Nigrán, 23 de abril de 2013

Alberto Valverde Pérez
Alcalde