Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17332

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre aprobación inicial do estudo de detalle AR-39-E (expediente 2013002388).

Anúnciase que a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 18 de abril de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«1º. Aprobar inicialmente o estudo de detalle da área de intervención para reaxustar aliñacións, rasantes e establecemento de condicións estéticas e de composición dos volumes edificatorios no ámbito 12 do Decreto 187/2011, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento.

2º. Sometelo a información pública polo prazo mínimo de vinte días, mediante anuncio que se publicará no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e con notificación individualizada a todos os propietarios do ámbito».

Ourense, 19 de abril de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente