Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17333

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO do acordo de aprobación das propostas de escudo e bandeira do concello.

De conformidade co disposto no artigo 16 do Decreto 19/2012, do 11 de febreiro, polo que aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia (DOG nº 38, do 25 de febreiro de 2012) faise público que o Concello Pleno, en sesión celebrada o día 21 de marzo de 2013, adoptou por maioría de seis votos a favor e tres abstencións, que supoñen o quórum da maioría absoluta do número legal de membros que a compoñen, que é o de nove, o seguinte acordo:

1. Prestar aprobación ás propostas de escudo e bandeira da entidade local de Portomarín segundo os modelos achegados pola Comisión de Heráldica de Galicia, de acordo coas seguintes descricións:

A/ ESCUDO.

«BRASONAMENTO:

De goles (vermello) e sobre ondas de prata (branco) e azur (azul), unha ponte de ouro (amarelo) surmontado da cruz sanxoanista de prata. Ao timbre, coroa real pechada».

B/ BANDEIRA

DESCRICIÓN:

«De vermello á hasta, coa cruz branca de San Xoán, e terciada de amarelo con tres xiróns vermellos horizontais ao batente».

2. Someter o acordo plenario a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio no DOG e no taboleiro de anuncios.

3. Resolución polo Pleno, se é o caso, das alegacións que poidan formularse.

4. Remisión do expediente completo á Comisión de Heráldica, para o seu informe preceptivo e vinculante.

5. De obter o informe favorable, elevarase ao Consello da Xunta para aprobación».

O que se fai público para exame e reclamacións.

Portomarín, 18 de abril de 2013

Juan Carlos Serrano López
Alcalde