Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17335

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trazo

ANUNCIO de información pública sobre ampliación do cemiterio de San Cristovo de Xavestre.

O Arcebispado de Santiago de Compostela solicitou deste concello licenza para a ampliación do cemiterio de San Cristovo de Xavestre.

De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e exposición no taboleiro de anuncios do Concello de Trazo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública comeza desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente completo está á disposición do público en xeral e pode consultarse na Casa do Concello de Trazo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Trazo, 23 de abril de 2013

José Dafonte Varela
Alcalde