O Arcebispado de Santiago de Compostela solicitou deste concello licenza para a ampliación do cemiterio de San Pedro de Benza.
De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e exposición no taboleiro de anuncios do Concello de Trazo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.
O prazo de información pública comeza desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente completo está á disposición do publico en xeral e pode consultarse na Casa do Concello de Trazo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Trazo, 23 de abril de 2013
José Dafonte Varela
Alcalde