Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17337

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de protección e acondicionamento do Monte da Mina (expediente 13677/411).

A Xunta de Goberno local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 15 de marzo de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de protección e mellora do Monte da Mina, elaborado pola Oficina de Planeamento-Xestión en febreiro de 2013, en cumprimento da Resolución da concelleira delegada de Cascos Históricos, Urbanismo e Grandes Proxectos do día 1.3.2012.

Segundo. Abrir un trámite de información pública durante o prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no DOG e en dous dos xornais de maior difusión na provincia, notificar individualmente o presente acordo a todos os titulares dos terreos afectados que figuren no catastro e solicitar os informes sectoriais que procedan.

Terceiro. Publicar o presente acordo na páxina web do Concello de Vigo xunto coa documentación técnica conformante do Plan especial de protección e mellora do Monte da Mina.

Cuarto. En aplicación do disposto no artigo 77.2 da Louga, a aprobación inicial do denominado Plan especial determina a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no seu ámbito territorial cando novas determinacións que neste se recollan supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, ben que poderán concederse aquelas licenzas baseadas no réxime vixente que respecten as determinacións do novo planeamento, en atención ao disposto no artigo 120.1 do RPU.

Quinto. Dar traslado do presente acordo á Oficina de Licenzas, á Oficina de Patrimonio Histórico e á Área de Fomento. Así mesmo, dar traslado do presente acordo á Oficina de Montes, Parques e Xardíns, xunto con copia do nomeado Plan especial.

Sexto. Dar traslado do presente acordo, xunto cunha copia do denominado Plan especial, para maior publicidade e coñecemento do planeamento, á Asociación de Veciños de Castrelos e á Xunta de Montes de Castrelos».

Durante o período de exposición pública, o expediente atoparase á disposición do público en xeral, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo, praza do Rei, s/n), de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

Vigo, 2 de abril de 2013

(Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo