Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17339

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre diversas actividades (expedientes 39853/422, 37676/422 e 39974/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: Comercial Impormóvil, S.A. Actividade: distribución e venda de recambios e accesorios do automóbil. Localización: avenida Freixo, nº 38. Expediente: 39853/422.

2. Solicitante: Merchant Unión, S.L. Actividade: almacenamento de pinturas. Emprazamento: avenida Ricardo Mella, nº 113, nave D. Expediente: 37676/422.

3. Solicitante: Bricoking, S.A. Actividade: ampliación de actividade a venda de electrodomésticos e produtos de ferretería e bricolaxe. Localización: avenida García Barbón, nº 48. Expediente: 39974/422.

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta 1 do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 10 de abril de 2013

Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos,
Grandes Proxectos e Patrimonio