Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17340

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 8 do Plan xeral de ordenación municipal (expediente 13717/411).

O Pleno do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do día 25 de marzo de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 8 do PXOM, clasificación da parcela nº 1 U.A. Moledo e sector S-26-R Pescadeira (Sárdoma) (V.1 Documento para aprobación inicial), formulada polos servizos técnico-xurídicos da Xerencia Municipal de Urbanismo en agosto de 2012, en cumprimento da resolución da concelleira delegada de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos en data do 10.4.2012, ditada para executar a STSXG nº 585/2012, do 16.6.2011.

Segundo. Abrir un trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no DOG e en dous dos periódicos de maior difusión da provincia. Simultaneamente e durante o mesmo prazo, darase audiencia aos concellos limítrofes.

Terceiro. Para os efectos do artigo 77.2 da Louga, determínase expresamente que o ámbito afectado pola suspensión de licenzas se corresponde coas parcelas catastrais 4435902NG2743N, 4435901NG2743N e 4435904NG2743N, así como os terreos comprendidos no sector S-26-R Pescadeira, aínda que poderán concederse aquelas licenzas baseadas no réxime vixente que respecten as determinacións do novo planeamento, en atención ao disposto no artigo 120.1 do RPU.

Cuarto. Ordenar a publicación do presente acordo, así como da documentación técnica conformante da modificación puntual inicialmente aprobada, na web do Concello de Vigo.

Quinto. Dar traslado do presente acordo á Asesoría Xurídica para o seu coñecemento e efectos oportunos».

Durante o período de exposición pública, o expediente atoparase á disposición do público en xeral na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo, praza do Rei, s/n), de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

Vigo, 15 de abril de 2013

(Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo