Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17342

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de emenda de erro no expediente 39682/422.

Observado erro no anuncio da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo, publicado no BOP nº 231, do 30.11.2012, e no DOG nº 237, do 13.12.2012, polo que se sometía a información pública a petición formulada por Patatas San Román, S.L. de licenza de actividade para almacén de patacas, que se situaba no número 35 do Camiño Pontillón, Sárdoma, toda vez que o lugar exacto da instalación é no número 34 da mesma rúa, en non no nº 35 como se fixo figurar no dito anuncio.

De conformidade cos artigos 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, da petición presentada pola entidade Patatas San Román, S.L., en que solicita licenza de actividade almacén de patacas no Camiño Pontillón, nº 34, Sárdoma, para que todo aquel que se considere afectado dalgún xeito pola instalación que se pretende establecer poida facer as observacións pertinentes.

O expediente está á disposición do público e pódese consultar durante as horas de oficina no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Vigo, 16 de abril de 2013

Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos,
Grandes Proxectos e Patrimonio