Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16583

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1112/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1112/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Pazos Beiroa contra a empresa Excavaciones Torres Iglesias, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que considerando parcialmente a demanda interposta por Manuel Pazos Beiroa contra Excavaciones Torres Iglesias, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante, coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa, a suma de dez mil catrocentos trinta e cinco euros con noventa e catro céntimos (10.435,94 €) en concepto de salarios, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á entidade Excavaciones Torres Iglesias, S.L., insiro o presente edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2013

A secretaria xudicial