Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16584

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (151/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 151/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Laura Iglesias Mariño contra a empresa Systemic Servicios y Mantenimiento, S.L., sobre mov. xeog. e funcional, ditouse a seguinte resolución:

Parte dispositiva.

Acordo estimar a demanda de execución interposta por María Laura Iglesias Mariño, contra a empresa executada Sistemic Servicios y Mantenimientos, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, declarando extinguida a relación laboral existente entre o demandante e a empresa demandada con efectos da data desta resolución, e condenando a empresa demandada a que indemnice a executante, a razón de 20 días de salario por ano de servizo prestado, ata a data desta resolución, sen prexuízo da responsabilidade que, se é o caso, puidese recaer sobre o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poderán interpoñer recurso de reposición que deberá interpoñerse no prazo de tres días ante este mesmo xulgado.

Así o acorda, manda e asina Carlos López Picón, maxistrado xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2013

A secretaria xudicial