Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2013/5-2, 8088 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedade Galega do Medioambiente, S.A.

Domicilio social: Lg. de Morzós, 10, baixo (As Encrobas), Cerceda.

Denominación: CT de abonado de 100 kVA, 20.000/420-230 V e LMTS a 20 kV, sitos en P.I. de Chantada, s/n.

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

– LMTS con orixe nunha cela de liña do CT existente propiedade de Fenosa, situado no P.I. Os Acivros e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 525 metros de condutor tipo RHZ1-95.

– CT en edificio non prefabricado, no cal se instala unha cela de seccionamento, unha de protección e unha de medida, cunha potencia proxectada de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 15 de abril de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo