Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Castrelo de Miño (expediente IN407A 2013/25-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT e CT Vide de Miño.

Situación: Castrelo de Miño.

Características técnicas: LMT subterránea de 20 m de lonxitude con condutor RHZ1, a 20 kV e orixe na LMT existente entre a LMT ao CT Astariz 32C376 e o CT Prado II 32AW26 e remate no CT proxectado, prefabricado en caseta de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 30.523,24 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 17 de abril de 2013

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas