Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2013/042).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 19, 1º dta., 15004 A Coruña.

Denominación: reforma CT e RBT Vista Alegre.

Situación: concello da Laracha.

Características técnicas:

– Liña eléctrica aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 40 m, en condutor tipo LA-56, con inicio no apoio nº 1 existente tipo CH-13/2500 da LMT ao CT Martiñán (expediente IN407A 2004/037) e final no apoio proxectado tipo HVH-11/2500, onde se instalará o novo centro de transformación (CT) de tipo intemperie.

– Novo CT tipo intemperie sobre apoio de formigón tipo HVH-11/2500 en substitución do existente de tipo caseta Vista Alegre (expediente IN407A 1996/134), o cal se demolerá, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 15-20/0,4-0,230 kV.

– Reforma da rede de baixa tensión existente, con orixe no novo CT, nunha de lonxitude de 876 m, coa instalación de 7 novos apoios tipo HV e condutor tipo RZ-3×95 Al+54,6 Alm.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 9 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña