Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2013/10-2, 8093 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Tratante, S.C.

Domicilio social: r/ D, nº 9, 3º A-D, 36500 Lalín, Pontevedra.

Denominación: LMTA e CTA para granxa no lugar de Vilaguillulfe-Cartelos.

Situación: concello de Carballedo.

Características récnicas: LMTA a 20 kV, con orixe no apoio de celosía existente (C-1000/14 H-35-CA) pertencente á liña LMT PRS803 Castro-Barrela, 3 e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 415 metros de condutor LA-56.

CT intemperie, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de abril de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo