Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15546

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Folgoso do Courel

ANUNCIO sobre solicitude de licenza ambiental para a actividade de telecomunicacións.

José Ángel Abeal Riveiros, director xerente de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., solicita desta Alcaldía licenza municipal para actividade de telecomunicacións, na parcela de referencia catastral 27017A039009750000BY, situada en Monte de Vilamor, da parroquia de Vilamor, deste concello, e en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante este poida examinarse o expediente nas dependencias municipais deste concello, de luns a venres, das 8.00 ás 15.00 horas, e se poidan formular as alegacións que se consideren oportunas.

Folgoso do Courel, 29 de abril de 2013

Dolores Castro Ochoa
Alcaldesa