Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15547

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO de información pública sobre legalización e ampliación de granxa de visóns no predio Chan do Monte en Feáns (Broño).

Mario Barreiro Barreiro, en representación de Visóns Chan do Monte, S.L., solicitou desta alcaldía licenza municipal para legalización e ampliación de granxa de visóns no predio Chan do Monte, Feáns-Broño (Negreira). En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Negreira, 15 de abril de 2013

José Blanco Pazos
Alcalde