Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15548

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontecesures

ANUNCIO de contratación do servizo de escola infantil municipal 0-3 anos.

Mediante acordo do Pleno da Corporación, do día 25 de marzo de 2013, aprobouse o expediente de contratación seguinte:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Pontecesures.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: escola infantil municipal 0-3 anos.

c) Duración do contrato: dous anos e dous anos máis de eventual prórroga.

3. Modalidade de adxudicación.

Procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, tramitación ordinaria.

4. Tipo de licitación.

160.000,00 euros anuais (cento sesenta mil euros).

5. Garantía.

Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Exame do expediente.

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, excepto festivos e ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións, ou no perfil de contratante no seguinte enderezo:
www.pontecesures.org

7. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP ou no DOG. Se o ultimo día de presentación de ofertas é inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

8. Apertura de proposicións.

Ás 12.00 horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación procederá, en acto publico, á apertura das propostas técnicas presentadas (sobres B). Para estes efectos, se tal día cadra en sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte. Posteriormente, na data que se comunique vía telemática ou mediante fax, procederase en acto público á apertura das propostas económicas (sobre C).

9. Obtención de documentación e información.

Concello de Pontecesures, avenida de Vigo, nº 2, 36640 Pontecesures.

Páxina web: www.pontecesures.org

Teléfonos: 986 55 71 25. Fax: 986 55 75 54.

10. Criterios de adxudicación.

Criterios cuxa ponderación depende dun xuízo de valor:

a) Proxecto educativo do centro: ata 30 puntos.

b) Proxecto de organización interna do centro: ata 15 puntos.

c) Plan de mantemento das instalacións e equipamentos: ata 5 puntos.

Criterios cuantificables automaticamente:

Prezo ofertado, ata un máximo de 50 puntos.

11. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo U; subgrupo 05; categoría (igual ou superior) b.

12. Gastos de publicidade.

Serán por conta do contratista adxudicatario.

Pontecesures, 17 de abril de 2013

Manuel Luis Álvarez Angueira
Alcalde