Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15543

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de expropiación para adaptar un edificio ás condicións de accesibilidade exixibles.

O tenente de alcalde responsable da Área de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, con data do 13 de marzo de 2013, por delegación do alcalde a través do Decreto do 13 de xuño de 2011; emite decreto en que se aproban os seguintes puntos:

«Decreto.

1. Ratificar o Decreto do 13 de xuño de 2012 respecto ao punto 2 que se transcribe a continuación.

Aprobar inicialmente a expropiación parcial do local comercial 1 da planta baixa do inmoble num. 17 da rúa Entrepeñas; cuxa relación de bens e dereitos afectados é:

Titular: Juan M. Rabuñal Román e Carmen Vilariño Cañas.

Ben: Local Comercial 1 Entrepeñas 17.

Predio rexistral: 26.157, folio 120, libro 322.

Tipo de afección: parcial.

Superficie afectada: 4 m2.

2. Aprobar inicialmente a expropiación parcial do soto do inmoble Entrepeñas 17, cuxa relación de bens e dereitos afectados é:

Titulares:

Ángel Castro Ríos/Amalia Seoane Fuentes.

Isabel Peaguda Losada/José Gándara Fernández.

José A. Fernández Paderne/Esperanza Uriz Fernández.

Manuel J. Mosquera Martínez.

Manuel Martínez Rivera/Inés Mª Pan Santiago.

Roberto Souto Fraga/Carmen Landeira Pombo.

Antonio Chao Chao.

Atilano Ameneiro Costa/María Julia Prieto López.

Antonio Chao Chao/María Asunción Lema Lema.

Amelia García Alvárez/Norberto Gómez Sánchez.

José López Frade/María Olga Tojo Dominguez.

José A. Iglesias Alvárez/Josefina López Teijeiro.

Lucía Margarita Rey González/Jesús Calvo Alonso.

Ben: volumen na zona de circulación do garaxe de rúa Barcelona, 42.

Predio rexistral: 26.155 e 26.155/5G.

Tipo de afección: parcial.

Superficie afectada: 7,35 m2. Ocúpase un volume no teito dunha parte do local.

3. Optar para a tramitación do expediente polo sistema de taxación conxunta.

4. Aprobar a valoración correspondente ao dereito de arrendamento e indemnización do negocio do local sito en Entrepeñas 17, coa seguinte relación de dereito afectado:

Titular: María Ángeles Iglesias López.

Ben: dereito de arrendamento e negocio do local num. 1 Entrepeñas 17.

Tipo de afección: parcial.

5. Requirir á comunidade de propietarios de Entrepeñas 17, en calidade de beneficiario do expediente expropiatorio, que con anterioridade é aprobación definitiva do expediente, deposite o importe ou aval bancario do 20 % do prezo xusto da valoración que se aproba neste expediente, que ascende a 553,56 euros».

O que se publica para os efectos de inicio do trámite de información pública, de conformidade co artigo 143.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que dispón:

«2. O proxecto de expropiación cos documentos sinalados será exposto ao público polo prazo dun mes, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».

A Coruña, 20 de marzo de 2012

Martín Fernández Prado
Tenente de alcalde responsable da Área de Medio Ambiente,
Infraestruturas e Territorio