Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15244

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1375/2010).

Sala do Social - Secretaría Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 1375/2010 CG.

Materia: accidente.

Recorrente: Mutua Fremap.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Jardín Ferrol, S.L., Jorge Amador Tizón Crespo.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social nº 2 de Ferrol. Demanda 463/2009.

María Asunción Barrio Calle, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que nas actuacións de recurso de suplicación número 1375/2010 CG a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 463/2009 do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, promovidos por mutua Fremap contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Jardín Ferrol, S.L., Jorge Amador Tizón Crespo, sobre accidente, con data do 26 de marzo de 2013 se ditou a resolución coa seguinte parte dispositiva:

Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada María Eugenia Mallo Abalde, na representación que ten acreditada da Fremap, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 61, contra a sentenza do 17 de decembro de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol en autos seguidos por instancia de Jorge Amador Tizón Crespo contra a recorrente, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde e a empresa Jardín Ferrol, S.L., sobre determinación de continxencia-accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución contra a cal se recorreu, e impoñémoslle á recorrente vencida as custas do recurso, que inclúen a cantidade de trescentos euros (300 euros), en concepto de honorarios da letrada impugnante do recurso. Acórdase a perda do depósito efectuado para recorrer e da cantidade consignada para os ditos efectos, aos cales se lle dará o destino legal correspondente unha vez que sexa firme a sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora de xurisdición social e unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Jardín FerroI, S.L., con último domicilio coñecido no lugar Bailadora, km 5 Mandiá, Ferrol, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de abril de 2013

A secretaria xudicial